Bárcenas abríu a Caixa de Pandora e tódolos males foron espallados sobre o PP. Según el os, daquela, ministros, vicepresidentes, e Rajoy estaban na pomada. Por certo, os 95.000 euros que sinala Bárcenas que pagou a Rajoy e Cospedal, tiñan denominación xeográfica galega, tal e como manifestara Pablo Crespo con anterioridade. Hoxe, ninguén daría un peso pola suposta honorabilidade do Presidente e doutros dirixentes populares; pola contra, moitos se sinten estafados na total confianza que depositaran neles.
E todo sube. As contas de Bárcenas, os contos das roldas de prensa de Cospedal, as mentiras de Rajoy, e tamén as cifras dos ingresos de diñeiro opaco, que superan xa os 8,3 millóns de euros.
Fai tempo, falabamos das repúblicas bananeiras, exóticas e corrompidas, para definir estas cousas. Pero aquí, cada caixa aberta conleva máis podredume e curiosamente, menos explicacións. Rajoy insiste en que non vai comparecer no Parlamento, na Casa da Soberanía Popular, para dar unhas explicacións que xa tardan demasiado. E sin sentir a vergoña que a sociedade sinte ante cada nova corruptela. E o PSOE aposta por unha Moción de Censura, simbólica, que nunca gañarían pero que lles daría certa autoridade moral.
É preciso cambialo todo. Revisar os controis, a súa eficacia, e a esixencia de responsabilidade. Os partidos políticos deben funcionar con menos recursos e facer unha lei transparente de donacións, se é preciso. Se a sociedade perdeu recursos económicos, as maquinarias políticas deberan facelo tamén. E dunha vez por todas, eliminemos mailings electorias, propagandas excesivas e cartelerías inútiles …máis candidato/a pateando as rúas en directo. Tamén en Política, sempre menos é moitísmo máis.