Heroínas do mar galego

Galicia é entre outras cousas un pobo mariñeiro onde o mar é parte da esencia galega. Esa frescura, o cheiro a salitre, a néboa, as augas frías, as bateas do mexilón, as dornas e as gamelas, o noso marisco, praias incribles,.... Pero o importante dunha terra é a súa xente, homes, mulleres e nenos. Temos moitos galegos ilustres, pero o longo da historia douselle moita máis publicidade e importancia ós persoaxes masculinos cós femeninos. A día de hoxe as cousas cambiaron, pero o problema é que a igualdade entre homes e mulleres aínda non se cumpre en moitos casos como ben sabemos. Neste artigo contarei a historia de dous naufraxios onde varias mulleres galegas foron protagonistas, a historia dunhas heroínas do mar galego.
O 2 de xaneiro do 1921 frente a Illa de Sálvora aconteceu a maior traxedia civil das nosas costas, afundiúse o vapor Santa Isabel, tamén coñecido como o “Titanic galego”. O periodista e escritor Celestino Viéitez recolle moi ben toda a historia deste naufraxio nunha gran exposición que podedes disfrutar no Usos Múltiples de Portonovo ata fin desta semana. O barco encallou case as 2 da madrugada nunhas rocas da Illa de Sálvora, abrironse varias vías de auga e o afundimento comezou. Os datos oficiais falan de 213 falecidos e 53 que se salvaron. Outros pensan que traxedia deixou case 300 persoas falecidas (entre elas uns 60 nenos).
Catro mulleres de Sálvora con só unha dorna de ir pescar pulpo foron sen dúbida as protagonistas desa noite. Josefa Parada (32 anos), María Fernández (14 anos) e Cipriana Orujo (24 anos), todas veciñas de Sálvora, fixeronlle frente ó mar traicieneiro e asasino. e a ondas de máis de 5 metros, mentras recibían apoio dende terra de Cipriana Crujeiras. As heroínas sairon ó mar dende a praia de Area dos Bois, cun único fin, salvar ó maior número de supervivintes. E fixérono, arriscando as súas vidas para salvar a de outros. Non eran profesionais do mar, nin tiñan chalecos salvavidas, nin barcas a motor, nin helicoptero de salvamento....tan só as súas mans e a forza que nos dan as gañas de vivir. Manuela Parada, bisneta de Josefa, dixo nunha entrevista “Daquela, a xente estaba acostumada a pelexar co mar e pensaban que era unha cousa moi normal o que facían, pero non era”.
No seu tempo a súa labor no rescate recoñeceuselle a nivel nacional e foron condecoradas como Heroínas de Sálvora. Foron homenaxeadas, recibiron algunha distinction, fixeron colectas para elas das cales algunha nin recibiron, pero tamén foron obxecto de moitas calumnias. Unha delas nunca falou desa noita ata estar no leito de morte. Hoxe en día nin unha rúa, unha placa ou escultura as recorda. Como dixo fai uns anos un dos netos dunha delas: “Comentábamos o tema, pero daquela non se lle daba tanta importancia a este tipo de cousas”.
Trinta anos máis tarde, o 22 de febreiro de 1951, unha trainera de Bueu afúndese en Portonovo, cerca da punta de Caneliñas. Os mariñeiros quedaron enredados nos aparellos no medio dun mar bravío. Unha muller xove de 18 anos e de familia mariñeira escoitou os gritos e tirouse ó mar. Salvou a dous dos mariñeiros, outros tres morreron. Chámase Dña. Modesta Vidal Portela e conseguíu a medalla o Salvamento que lle entregou o Comandante Militar de Marina de Vigo. A Cofradía de Pescadores de Portonovo e incluso emigrantes portonovenses en Arxentina, colaboraron para premiar cunha cantidade económica a actitude desta heroína de Portonovo.
O meu aplauso para estas mulleres que coas súas accións son un exemplo para todos. Para rematar e ilustrar o podería, a forza das mulleres da nosa terra, aquí vos deixo unha parte do Poema a Muller Galega de Manuel María (Remol, 1970):

“...As mulleres galegas -labregas, / mariñeiras, artesás, obreiras, / pasado, pobo, presente, / alma e futuro de Galicia- / non foron cantadas / polos poetas cultos e premiados, / pechados nas súas torres de almasí: / eles, tan sensibles, non podían / adicarlles rondós e madrigales, / sonetos perfetísimos / a donas que falan en galego, / que son forza do pobo, / porque non teñen xeitos requintados, / deprendidos en colexos elegantes, / nin vestidos fermosos, / nin frases retorneadas / -nunca foron á escola, / nin alternaron tampouco en socieade- / i as súas maus non se semellan / ás azas dos paxaros, / nin teñen soavidades de veludo: / están encallecidas polo traballo, / son duras como as pedras, / só tenras pro garimo, / con soavidades de mel / pra perdoar e comprender, / pra sementar tenrura e máis amor, / pra arrincar odios....”

Heroínas do mar galego

Te puede interesar