FERRARIS PARA CIRCULAR POR CONGOSTRAS

H oxe tócame falar de Leticia e o seu centro de ensino. Leticia é xa unha moza que cursa un ciclo de Formación Profesional  no IES Armando Cotarelo Valledor de Sobradelo. Provén dunha familia humilde do rural, desa clase traballadora tan castigada nos últimos tempos pola crise económica e as políticas do Goberno do Partido Popular. Na casa van tirando como poden coa axuda familiar e a magra pensión non contributiva da súa avoa. O seu caso ten un especial mérito porque sempre foi unha nena responsable e estudiosa que, sendo rapaciña sacou adiante a ESO con boas cualificacións, a pesar de que no fogar non contan cos recursos que, alternativamente, o ensino público está obrigado a facilitar para limar esas desigualdades sociais que ben coñecemos. Leticia, aínda que a moitos dos nosos lectores lles poida chocar,  non ten internet, na casa houbo que atender a outras prioridades. 
O outro día atopeime con ela pola rúa e pregunteille como lle ían os estudos. Díxome que ben, pero que no seu centro, que están ampliando desde o mes de Setembro para acoller a máis alumnado – atende actualmente a preto dun milleiro de estudantes-  “circulan con Ferraris por congostras”. Perante a miña cara de sorpresa, explicoume a que se refería con iso. “Cando empecei a ESO chegaron ordenadores novos ás aulas de informática, empezaron a colocar pizarras dixitais e chegou o ABALAR, polo cal todos os alumnos dispoñían dun pequeno ordenador lixeiro. Pero acababan estando de adorno. Tardaban tanto en arrancar que, ao final, recurriamos aos cadernos e o libro de texto de toda a vida, e o profesor traía  os mapas e apuntes gravados da casa nun pendrive para proxectalos na parede co canón”. Eu imaxinaba que iso agora xa estaría superado, pero Leticia foi máis alá:  “Eu non podo facer moitos dos traballos que me piden os profesores na casa porque ali non teño internet. Ás veces vou a casa dalgunha amiga, pero se quero facelos na biblioteca é imposible. Os ordenadores van tan lentos que toca o timbre de remate do recreo e aínda non deu aberto internet. Pero o peor non é iso” – continuou- ; “é que agora estou nun ciclo formativo de FP no que temos que traballar seguido cos ordenadores e buscar información colgada na rede, ou entrar en páxinas de empresas. 
A maioría das veces, dependendo do uso que lle estean dando nas aulas da ESO ou de calquera dos outros oito ciclos formativos, é imposible facer nada. A profe dí que non se pode admitir, que ás autoridades se lles enche a boca de poñer en valor a formación profesional, e logo é todo papel mollado. Que no currículo da miña especialidade, como na maioría das outras disciplinas, é importantísimo o manexo das novas tecnoloxías, pero que así non hai xeito de facer un traballo digno. 
Igual esaxero se comparo os medios que temos con un Ferrari. Realmente son bastante decentes, pero, se, como di un amigo meu, non temos máis que catro megas –o que ten el na casa-, para toda a rede do instituto, iso é como ter un coche para andar por autoestrada e metelo a circular por unha congostra chea de baches”. 
Pregunteime a que se debía todo isto e cóntanme compañeiros que ali traballan que as carencias do centro xa se remontan ao ano 2012. Que o profesorado e o persoal administrativo están bastante anoxados, xa que as unidades técnicas da Consellería reciben case semanalmente as incidencias que se producen nas aulas e oficinas administrativas sobre caída da rede, pero todo queda en promesas dunha solución que non chega. 
Tamén me din que tecnicamente é facilmente solucionable, pois todo pasa por abrir unhas gabias desde unha rúa próxima onde se atopa o nodo da operadora de telefonía, e levar até o Centro a fibra óptica que permita acadar, cando menos 100 megas como punto de partida. Deduzo que todo iso xa o sabían no mes de marzo a comitiva de autoridades do PP que viñeron sacarse a foto anunciando as obras de ampliación do Centro: desde Fole e Cores Tourís até o Delegado Territorial e o Conselleiro de Educación. 
Outro día falaremos de cómo unha obra orzamentada en algo máis de 570.000 euros pode acabar sendo adxudicada a unha UTE por case 170.000 euros menos sen que se resintan nin a calidade dos materiais, o acabado da obra ou salarios e xornada laboral dos traballadores das adxudicatarias. Pero hoxe o que cómpre é que no Cotarelo teñan unha rede do século XXI, e a teñan xa.. 
*Concelleira do BNG en Vilagarcía.H oxe tócame falar de Leticia e o seu centro de ensino. Leticia é xa unha moza que cursa un ciclo de Formación Profesional  no IES Armando Cotarelo Valledor de Sobradelo. Provén dunha familia humilde do rural, desa clase traballadora tan castigada nos últimos tempos pola crise económica e as políticas do Goberno do Partido Popular. Na casa van tirando como poden coa axuda familiar e a magra pensión non contributiva da súa avoa. O seu caso ten un especial mérito porque sempre foi unha nena responsable e estudiosa que, sendo rapaciña sacou adiante a ESO con boas cualificacións, a pesar de que no fogar non contan cos recursos que, alternativamente, o ensino público está obrigado a facilitar para limar esas desigualdades sociais que ben coñecemos. Leticia, aínda que a moitos dos nosos lectores lles poida chocar,  non ten internet, na casa houbo que atender a outras prioridades. 
O outro día atopeime con ela pola rúa e pregunteille como lle ían os estudos. Díxome que ben, pero que no seu centro, que están ampliando desde o mes de Setembro para acoller a máis alumnado – atende actualmente a preto dun milleiro de estudantes-  “circulan con Ferraris por congostras”. Perante a miña cara de sorpresa, explicoume a que se refería con iso. “Cando empecei a ESO chegaron ordenadores novos ás aulas de informática, empezaron a colocar pizarras dixitais e chegou o ABALAR, polo cal todos os alumnos dispoñían dun pequeno ordenador lixeiro. Pero acababan estando de adorno. Tardaban tanto en arrancar que, ao final, recurriamos aos cadernos e o libro de texto de toda a vida, e o profesor traía  os mapas e apuntes gravados da casa nun pendrive para proxectalos na parede co canón”. Eu imaxinaba que iso agora xa estaría superado, pero Leticia foi máis alá:  “Eu non podo facer moitos dos traballos que me piden os profesores na casa porque ali non teño internet. Ás veces vou a casa dalgunha amiga, pero se quero facelos na biblioteca é imposible. Os ordenadores van tan lentos que toca o timbre de remate do recreo e aínda non deu aberto internet. Pero o peor non é iso” – continuou- ; “é que agora estou nun ciclo formativo de FP no que temos que traballar seguido cos ordenadores e buscar información colgada na rede, ou entrar en páxinas de empresas. 
A maioría das veces, dependendo do uso que lle estean dando nas aulas da ESO ou de calquera dos outros oito ciclos formativos, é imposible facer nada. A profe dí que non se pode admitir, que ás autoridades se lles enche a boca de poñer en valor a formación profesional, e logo é todo papel mollado. Que no currículo da miña especialidade, como na maioría das outras disciplinas, é importantísimo o manexo das novas tecnoloxías, pero que así non hai xeito de facer un traballo digno. 
Igual esaxero se comparo os medios que temos con un Ferrari. Realmente son bastante decentes, pero, se, como di un amigo meu, non temos máis que catro megas –o que ten el na casa-, para toda a rede do instituto, iso é como ter un coche para andar por autoestrada e metelo a circular por unha congostra chea de baches”. 
Pregunteime a que se debía todo isto e cóntanme compañeiros que ali traballan que as carencias do centro xa se remontan ao ano 2012. Que o profesorado e o persoal administrativo están bastante anoxados, xa que as unidades técnicas da Consellería reciben case semanalmente as incidencias que se producen nas aulas e oficinas administrativas sobre caída da rede, pero todo queda en promesas dunha solución que non chega. 
Tamén me din que tecnicamente é facilmente solucionable, pois todo pasa por abrir unhas gabias desde unha rúa próxima onde se atopa o nodo da operadora de telefonía, e levar até o Centro a fibra óptica que permita acadar, cando menos 100 megas como punto de partida. Deduzo que todo iso xa o sabían no mes de marzo a comitiva de autoridades do PP que viñeron sacarse a foto anunciando as obras de ampliación do Centro: desde Fole e Cores Tourís até o Delegado Territorial e o Conselleiro de Educación. 
Outro día falaremos de cómo unha obra orzamentada en algo máis de 570.000 euros pode acabar sendo adxudicada a unha UTE por case 170.000 euros menos sen que se resintan nin a calidade dos materiais, o acabado da obra ou salarios e xornada laboral dos traballadores das adxudicatarias. Pero hoxe o que cómpre é que no Cotarelo teñan unha rede do século XXI, e a teñan xa.. 
*Concelleira do BNG en Vilagarcía.

FERRARIS PARA CIRCULAR POR CONGOSTRAS

Te puede interesar