O QUE SON AS TECNOLOXÍAS, non me trae onte meu neto unha tablet pedíndome que votase para que elixan a Cambados Cidade Europea do Viño? “Ajora” todo se pode “faser” por Internet, hai que ver. E votei, claro, que eu son moi fanática do Tinto de Barrantes, pero o Albariño que non falte tampouco. O malo é que resulta que Cambados vai de última na enquisa. Disque esta semana se vai saber que pobo gaña a candidatura, así que por min non será, que eu xa votei. E vai e dime o meu neto que diso nada, que hoxe pódese votar outra “ves”. Unhas enquisas un tanto estrañas, disque non son determinantes, pero que dan unha idea da “mobilisasión” social. Pois aí está. Meu neto, menudo é. O mesmo saca calquera “avanse” tecnolóxico que lle falta tempo para pedir que o levasen á Illa, a pedir doces pola porta, como manda a tradición. Diso aínda me lembro eu de cando era moza, que a moda ven de hai tempo. Doces e viño, que non falten, aínda que “ajora” todo veña por Internet.