Se aljún aprendera das asociacións de veciños

CHEJA A FIN DE SEMANA e xa estou preparada para unha nova cita; co magosto de Sobradelo Que vos pensábades? Dende que faleceu o meu Benitiño xa non quixen coñecer a ninguén e non porque non me fixeran as beiras, tiven aljún jalán, pero nada, ninjún bailaba como o meu home. Nestes días de inverno bótoo de menos, pero apúntome a un bombardeo se fai falla para saír da casa. Grazas ás asociacións culturais da comarca non paro e tamén daljúns empresarios como os hosteleiros da Baldosa de Vilajarcía. Mira que o pasei ben na foliada da semana pasada e ademais por unha boa causa. Aljúns concellos deberían aprender porque pouca cousa teñen de diversión para os maiores, senón fóra por estes e as asociacións de xubilados, morría do asco.

Se aljún aprendera das asociacións de veciños

Te puede interesar