oxe 22 de maio de 2018, fai 80 anos que case 800 presos políticos republicanos fuxiron da prisión do Forte de San Cristóbal, no monte Ezkaba en Pamplona, foi a maior fuxida de presos de Europa. O seu obxetivo era chegar a Francia, mais só 3 deles o conseguiron. 200 foron asasinados a tiros ou fusilados logo sin xuízo algún.
En 1936 o Forte foi convertido en prisión para os republicanos e fundamentalmente para navarros, casteláns e galegos, fundamentalmente do PC, do PSOE e nacionalistas vascos. Dos case 200 galegos, 97 eran de Arousa-Salnés (8 de Caldas, 19 de Cambados, 11 de Carril, 2 de Vilanova, 2 de Dena, 2 da Illa de Arousa, 2 de Noalla, 12 de Ogrove, 7 de Ribadumia, 20 de Vilagarcía, 5 de Valga, 5 de Vilaxoán, 2 de Vilalonga).
As condicións eran horribles, con mala alimentación, enfermidades, moita humidade, frío e hacinamento espantoso, pois esta prisión estaba habilitada para 350 presos e había 2.500. Estas inhumáns condicións foron as que provocaron que o 22 de maio de 1938 fuxiran pola porta (mentras os gardas comían) 795 presos, 40 dos cales eran arousáns, intentaban fuxir dunha fame atroz, malos tratos, en fin dunhas condicións de vida terribles.
Nas ladeiras do monte Ezkaba foron cazados coma coellos e asasinados sen piedade 220 presos, 7 dos cales eran arousáns.
Os mecos que estaban nesa prisión este negro día e que foron todos condenados a 30 anos de prisión por rebelión militar eran: Jacobo Otero Goday de 53 anos. Arturo Mascato Otero, 22 anos. Albino Iglesias Piñeiro, 28 anos. Francisco Iglesias Franco, 24 anos. Leopoldo Fernández Mascato, 27 anos. José Dadín Novas, 20 anos. Manuel Currás Prol, 39 anos. Jacobo Barral Otero, 30 anos. Luis Antúnez Vázquez, 18 anos. José Antúnez Vázquez, 21 anos. Juan Allo Sabor, 24 anos. Ignacio Francisco Caneda Deza, 18 anos, condenado a 4 anos de prisión menor.
Ignacio Caneda, José Antúnez e Juan Allo, foron asasinados, e enterrados os dous últimos en fosas sin que nunca aos seus familiares se lles dixera onde estaban. Gracias a asociación Txinparta de Pamplona a cal leva anos traballando para recuperar os restos dos asasinados, fai moi pouco tempo que Antúnez xa está entre os seus. Pero aínda falta atopar a Juan Allo, espero que máis pronto que tarde tamén poida estar entre os seus. Os familiares teñen ese dereito, aínda que o goberno do estado non lle importe.
Na súa memoria.