Por un puñado de dólares

Un país coma o noso donde presumimos de ser os mellores, de ter a mellor gastronomía, basicamente de ser a ostia en verso en todo (o cal é mentira por se algún ainda non se deu conta) e resulta que temos unha television mayoritaria en audiencias que non vale máis que facer perdelo tempo a xente, unha televisión que non enseña nada máis que parbadas, programas que son decadents da mañá a noite, pero o peor, é que teñen millóns de televidentes e batén records de audiencias que ahora se miden a diario, en diferentes franxas horarias, todo por ganar pasta ainda que o que se venda non valga para nada. Pero se a xente o come, non importa nada máis que o money. Todo por un puñado de dólares como nas pelis do oeste. Ata periodistas de prestixio se venden a estes canais por cartos. Primeiro a pasta, logo xa falaremos da calidade do producto que se venda, isto é o que menos importa nestes casos. Xente que pasa horas vendo se a princesa do pobo se deixou co noivo, se algún mozo/a encontra mozo/a, se na casa do Gran Hermano hay tomate ou non,… En definitiva, telebasura como se lle chama, canais ós que todos lle poñemos nome. Todos din que non os ven pero logo baten records de audiencia.  Curioso que os programas sobre ciencia, os bos documentais, programas de debate, nunca teñen as audiencias que os programas de prensa rosa, de cotilleos,…Todos viven das audencias e para elo vendense eles mesmos incluidas as súas vidas, a dos amigos, a das familias, as famosas exclusivas, a someterse en directo a máquina da verdade? Miña naiciña, decadencia. Todo por gañar cartos a conta de enganar a xente, falar mal dela, de destruir vidas e familias,…. Pois si, ista é a realidade. O curioso é que naide fai nada por remedialo, senón promovelo ainda máis. Dende meu punto de vista, penoso. Onte saiu nos medios que o Gran Hermano VIP fichou ó pequeno Nicolas. Un rapaz que ademáis de estafar, enganar, vivir coma un rei e codearse cos grandes…? Resulta que o raparigo vai cobrar 3000 euros o día por estar no Gran Hermano VIP. Pero ¿Qué barbaridades son estas? ¿Son estes os valores que lle estamos a ensinar as novas xeracións? Ou sea, alguén coma este individuo que fixo o que fixo, e resulta que este elemento agora tratano coma un heróe, e paganlle unha barbaridade de cartos por ir facelo paripé a un programa de TV, o cal seguro terá millóns de espectadores? Se os que fichan non son tontos, xogar igual non xoga ben, pero vende camisetas a esgalla, marketing!. Se a culpa non é del senón dos que lle pagan e de todos aqueles que ven eses programas. Queremos inculcar valores pero perdoade que vos diga, a tele de hoxe en día deixa moito que desexar en maioritariamente non vale nin pa….xa me entendedes. ¿O problema son os que se venden, as televisións ou somos nós….ou a podredrumbre do sistema que xa é decadente? ¿Non será que o final temos o que merecemos? Quen sabe, o mellor estamos a bailar con lobos.

Por un puñado de dólares

Te puede interesar