Arousa reivindica á Rosalía de Castro loitadora, feminista e referente da cultura galega

Arousa reivindica á Rosalía de Castro loitadora, feminista e referente da cultura galega
Imaxe de un dos actos celebrados onte polo BNG de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra e os concellos de A Pobra e Cambados para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía e reivindicar a importancia da súa figura como literata, pero tamén c

Os actos na horna de Rosalía de Castro para conmemorar o 184 aniversario do seu nacemento inundaron onte Arousa en diferentes formatos; todos eles marcados polas restriccións da pandemia pero igualmente reivindicativos. Sobre todo para reclamar un espazo propio para a poetisa que moitos dos organizados botan en falta. Dende o BNG vilagarciano pediron “políticas que leven aos centros a súa obra e o seu legado e a axuden á sociedade a coñecer o que supuxo e non sigan a perpetuar esa idea de que era unha muller lúgubre que só se lamentaba e relacionada dalgún xeito con algo meramente folclórico”, manifestou a súa voceira, Lucía César Veloso. De feito, os nacionalistas notan un “desinterese” por parte do goberno local porque nesta data a cidade “debería estar plagada” de versos nas rúas, a biblioteca e mesmo na fachada do Consistorio, apuntou a edila, quen ademais reclamou unha vez máis que o 24 de febreiro se institucionalice como o Día de Rosalía para conseguir estes obxectivos.


Muller feminista, loitadora, adiantada ao seu tempo, símbolo da cultura galega... Foron algunhas das mencións feitas nos actos organizados onte tamén polo concello da Pobra do Caramiñal e a Deputación de Pontevedra, onde a súa obra poética estivo musicada pola cantante Uxía Senlle e lida e debuxada polos escolares da provincia participantes nun concurso de debuxo e que foron os auténticos protagonistas da xornada e “herdeiros e herdeiras da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa Rosalía”, como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva.


Non faltaron ofrendas florais coma a da Pobra onde o seu alcalde, Xosé Lois Piñeiro, recordou a posta en marcha do xogo-concurso “As sete Rosalías” e en Vilagarcía. En Cambados pola súa parte, a iniciativa posta en marcha pola Concellería de Cultura e os libreiros resultou en todo un éxito. Ao mediodía a libreira Veva Moldes xa esgotara os 24 exemplares da biografía de Cabanillas e o mesmo número de rosas entregados polo Concello para agasallar aos clientes que neste día se achegaran a comprar un libro en galego. De feito, Moldes, quen nota un aumneto na venda de libros dende que a pandemia aumentou as horas na casa, espera que a iniciativa se repita. O concelleiro Tino Cordal así o espera e explicou que con esta iniciativa pretenden por un lado promcionar a figura de Rosalía de Castro e a cultura galega e polo outro axudar ao comercio, “un tan castigado pola pandemia”. De feito, compareceu con representanes de Zona Centro e o concelleiro Fernando Patricio. 

Arousa reivindica á Rosalía de Castro loitadora, feminista e referente da cultura galega

Te puede interesar