Nada máis importante que vacinar

Galicia tiña, este mércores que terminou o mes de marzo, algo máis de 140.000 vacinas almacenadas sen poñer. Son aproximadamente as mesmas que recibiu Navarra durante toda a pandemia, e máis das que tivo Cantabria. Se cadra navarros e cántabros fanse a mesma pregunta que vostede agora mesmo. Que demonios fan 140.000 vacinas se usar? Que hai máis importante que facer que vacinar?


Os datos oficiais sobre vacinas en España, que son públicos cada día sobre o número de doses distribuídas por comunidades autónomas, tipo de vacina e número das utilizadas xa, coloca a Galicia nun vergonzante vagón de cola. Terminamos marzo como a comunidade con menor vacinación de España, por detrás incluso da mediática Madrid que non está sendo exemplo de case nada. Pode ser que vostede escoitara moitas veces ao presidente da Xunta queixarse e botar a culpa de todo o habido e por haber a uns, a outros, ao de máis alá e ao de máis aquí. Feijóo reparte máis culpas que vacinas, e así non imos chegar moi lonxe.


Non se me ocurre nada máis importante que facer que vacinar, pero parece que esta é unha idea revolucionaria. Hoxe, en Galicia, 1 de cada 3 maiores de 80 anos aínda non ten posta ningunha dose, e apenas o 30% xa se vacinou por completo cando en España a media está por riba do 40%. Que están facendo os nosos gobernantes? Botándolle a culpa a outros, seguramente, pero ademáis están tapándose os oídos ante as peticións de contratar persoal para reforzar a vacinación. Poñamos a enfermeiras a cubrir as vacantes necesarias para que as que xa están no sistema adíquense, únicamente, a vacinar. Todo o tempo necesario. Feijóo dixo, nunha de tantas boutades que gusta de largar, que en Galicia poderíanse vacinar 50.000 persoas ao día. Fágase. Vexámolo. É o momento de que pasemos dos titulares de roldas de prensa para engrandecer os egos ás realidades. Porque unha cousa é o que se conta e o que se promete, pero a realidade é preocupante.


Duplicar o persoal que hoxe se adica en exclusiva a vacinar en Galicia é menos do 0,04% do orzamento. Por que o está facendo Asturias, Andalucía, Valencia ou Aragón e non o estamos facendo nós? Porque botar as culpas é fácil, pero ser eficiencia xa costa un pouco máis. Menos protestar e máis vacinar.

Nada máis importante que vacinar

Te puede interesar