Retais dunha historia que pasa de fase: Costureiro bota o peche

Retais dunha historia que pasa de fase: Costureiro bota o peche
Sofía Beiras con algúns dos artículos que se atopan de saldo por liquidación | Gonzalo Salgado

Alguen camiña polo mercado, entre os inconfundibles reclamos dos feirantes. Un deles chama a súa atención: “Vendo roupa interior da marca Costureiro”, di. A anécdota chega a oídos de Sofía Beiras, quen a relata coas lágrimas loitando por non saír. O negocio que tanto custou levantar é famoso. O estrano, pero significativo recoñecemento, chega cando as portas están a piques de pechar.


Diario de Arousa 9999 99 99 999 71250f8b


O local de Costureiro nos seus inicios, na década dos oitenta | cedida 



“Teño sentimentos encontrados. Por un lado satisfacción, pero tamén unha pena moi grande por deixar aos meus clientes”, relata Sofía Beiras, a última das Beiras en deixar o negocio. Se Vilagarcía é terra de comerciantes, a familia Beiras encarna moi ben ese espíritu. As tres irmáns, Sofía, Itocha e Kika, seguiron os pasos do seu avó e dos seus pais dende moi novas. Cando a nai mercou por 15.000 pesetas o local da Rúa Cobián, en 1965, as rapazas tamén puxeron as súas mans. “Traballábamos moito, ata tiñamos postos nas festas para vender bocadillos”, recorda Sofía. En 1984, co peche da confitería, comezou a escribirse a historia de Costureiro. “Cal foi a nosa época máis dura?”, lle pregunta Sofía á súa irmán Itocha. “Os inicios”, responde ela, sen dubidalo. As Beiras botan á vista atrás e case parecen estar vivindo aqueles tempos, cando tiñan que ir a vender ao mercado para poder sacar adiante o novo negocio. Percorrían as feiras da comarca durante toda a semana. Ao mesmo tempo, seguían traballando na cafetería da familia. “Unha vez caín co coche barranco abaxo. Non durmira, pasara a noite traballando porque dabamos o chocolate tras o baile”, recorda Sofía Beiras. Aquel día chamou á grúa, que levou ao coche. Ela, marchou para vender á feira.
Intensa investigación


O emblemático local Costureiro pechará este mismo mes e con el ponse fin a toda unha saga de comerciantes: A familia Beiras. Cunha historia moi vinculada a Vilagarcía, as tres irmáns emprenden agora rumbos máis descansados, tan unidas coma sempre.


Foi o de erguerse sempre unha costume que salvou a vida de Costureiro. Porque cando unha franquicia anunciada por Julia Roberts mudouse a uns metros, as Beiras racharon coa tan de moda “zona de confort”. O de reinventarse, xa hai tempo que vai con elas. “Chamábame a atención que a min pedíanme artículos de calidade a bo precio e aos outros non”, relata Sofía Beiras. Decidiu entón suscribirse ás revistas de moda e “adelantábame ás tendencias”. Incluso conseguiu ter a súa marca de medias. As irmáns Beiras non dubidaron en coller as maletas para conseguir os mellores produtos. Primeiro percorreron Madrid e Barcelona; logo Italia e Francia.



Un relevo moi querido


Agora, Sofía Beiras quere viaxar, pero para recrearse nas paisaxes, non nos telares. Mentras regatea o precio dun paño, soña co que fará cando lle chegue o esperado descanso. Xubílase en agosto, pero Costureiro non é probable que sobreviva a este chuvioso maio. A liquidación está en marcha e o relevo a unhas rúas de distancia, con María Costureiro, un negocio que pon en marcha a traballadora que acompañou ás Beiras durante trinta anos. Que non son nada, pero son moito. 

Retais dunha historia que pasa de fase: Costureiro bota o peche

Te puede interesar