Letras Galegas con música, flores e arte, para vivir de xeito virtual ou no riguroso directo

Letras Galegas con música, flores e arte, para vivir de xeito virtual ou no riguroso directo

O Salnés viviu onte con intensidade o Día das Letras Galegas. Houbo actos presenciais aínda que as redes tamén xogaron o seu papel. Así, varios concellos retransmitiron en streaming, a través das súas redes, o concerto “Onte e hoxe”, que se grabou na casa de cultura de András. En Vilagarcía, a arte de Ramón Bascuas, cunha mostra no Gato Negro, e a voz de Loli Crespo, completaron á tradicional ofrenda floral. En Cambados, recordaron a Cabanillas no monumento de A Calzada. En Sanxenxo, rendiron homenaxa a Xela Arias, O Grove acolleu un pasarrúas e Meaño entregou os premios do concurso de debuxo. En A Illa, Amigos de Galicia recordou con poesía a Francisco Fernández, presidente de Cáritas falecido. foto: Mónica ferreirós

Letras Galegas con música, flores e arte, para vivir de xeito virtual ou no riguroso directo

Te puede interesar