O RallyMix rubrica un primeiro día de infarto

O RallyMix rubrica un primeiro día de infarto
Foto: Gonzalo Salgado

A celebración da primeira xornada do I RallyMix Concello de Ribadumia deixou onte unha apaixoante experiencia no municipio. Algún que outro percance e un cambio de líder na terceira quenda foron os principais ingredientes dun día de infarto.


Cunha participación de preto de 80 conductores chegados de toda Galicia, a xornada deparou tres pasadas ó percorrido cheas de emoción e que deixaron como primeiro clasificado ó pontevedrés Alexis Vieitez Losada.


Na etapa de onte (que comezou ó fío das 8 da mañá), os participantes deron tres pasadas ó percorrido, que transcurriu por un treito cronometrado, por pistas de terra e asfalto, pechadas ó tráfico, de 8,950 quilómetros de distancia. Na terceira delas, quizais por un empeoramento das condicións do tramo, os tempos tamén empeoraron e produciuse un cambio de líder. O asturiano Abel Jurado cedeu o primeiro posto ó pontevedrés Alexis Vieitez, que sumou un tempo de 21:12,5. En segundo lugar rematou a xornada Abel Jurado, a 73 centésimas. Terceiro colocábase José Fernández Gay, primeiro dos carrozados, e cuarto Celestino Iglesias, da escudería organizadora do evento, Desguaces Tino Rácing, que sorprendeu facendo un gran tempo co seu Ford Fiesta.


Tamén participou o fillo de Celestino, que sufriu un percance que o sacou da carretera e provocou a paralización da proba durante un tempo e a súa retirada por parte d guindastre.


Última xornada

Nesta segunda e última xornada haberá dúas mangas, a partir das 9 da mañá, na que se producirá unha loita entre os catro primeiros postos. A entrega de premios será a partir das 16:30 na Casa da Cultura de Ribadumia.

O RallyMix rubrica un primeiro día de infarto

Te puede interesar