Tanxugueiras, Los Rastreadores e Verto inauguran os catro días de concertos en Revenidas

Tanxugueiras, Los Rastreadores e Verto inauguran os catro días de concertos en Revenidas
O Roteiro de onte foi guiado por Xurxo Souto | m. ferreirós

O folk de Tanxugueiras, que nunha enquisa interna realizada entre os fans de Eurovisión conseguiu o apoio maioritario do público, desembarca hoxe en Revenidas. Fano xunto con Los Rastreadores e Verto para inaugurar a primeira xornada de concertos dun festival que ten practicamente todas as entradas esgotadas. O recinto do festival ábrese ao público ás 19:30 horas e a primeira actuación será ás 20:20. Serán Los Rastreadores os primeiros en ofrecer o mellor do seu directo cunhas letras que non deixarán indiferentes nin aos seus fans nin a aqueles que aínda non os coñecen.


Tanxugueiras subirán ao escenario ás 21:40. Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío encherán Vilaxoán dunha música que está rachando con todos os clixés e trascendendo fronteiras. Son as cantareiras dunha nova época, como lles gusta definilas aos críticos.


A primeira xornada de concertos de Revenidas pecharaa Verto ás 23:20 horas. Son a gran revolución da música galega este ano e cun porvir que dará moito que falar.


Ademais dos tres concertos no escenario principal a programación de hoxe tamén conta cun espectáculo de humor e maxia a cargo de Félix Rodríguez e Fran Rei na Praza Rafael Pazos.


Onte xa se respirou Revenidas en Vilaxoán co Roteiro histórico da vila guiado polo incombustible Xurxo Souto e coa sesión de músicas galegas dirixida por La Duendeneta. As entradas para o festival poden mercarse na páxina web.

Tanxugueiras, Los Rastreadores e Verto inauguran os catro días de concertos en Revenidas

Te puede interesar