Revenidas abre hoxe os seus catro escenarios con sesión vermú e concertos a bordo

Revenidas abre hoxe os seus catro escenarios con sesión vermú e concertos a bordo
Peter Punk, un clásico que non falla en Revenidas, deleitou onte ao público

O Festival Revenidas afronta hoxe un dos seus días máis intensos en canto a actividade. A cita vilaxoanesa abre os seus catro escenarios con sesión vermú, actuacións para o público familiar, concertos a bordo e música no recinto de pago. O escenario Mahou -no Porto de Vilaxoán- acolle a partir das once e media a sesión vermú a cargo da Banda da Loba e, a continuación, de Guadi Galego. Son de balde, pero coa necesaria retirada de invitación.


Este ano, e tras o parón motivado polo covid, recupéranse tamén os concertos a bordo do Chasula, a embarcación tradicional na que se poderá gozar de música en vivo con degustación gastronómica incluída. A primeira das saídas é ás 11 e o concerto será cousa de Pauliña. Haberá outras ás 15 con Dakidarría en acústico e unha máis ás 17 horas con Xiana e Andrea, de A Banda da Loba.


Na sesión de tarde as portas do recinto do festival abriranse ás 19:30 e os concertos de pago arrancarán ás 20:40 con O Rabelo, o rapeiro pontevedrés que non deixa de lado a tradición da regueifa. Ás 21:30 horas é a quenda dos esperados Talco Maskerade. Os italianos presentarán por primeira vez en Galicia o seu proxecto nacido no confinamento. Ás 23:25 subirán ao escenario os Boyanka Kostova, o proxecto que conxuga as influencias máis tolas, dende Ana Kiro ata Terbutalina.


Como non podía ser doutro xeito na Praza Rafael Pazos hai espazo para os espectáculos de corte familiar. Será Paco Nogueiras o encargado de poñer a música e o humor a partir das sete da tarde.

Revenidas abre hoxe os seus catro escenarios con sesión vermú e concertos a bordo

Te puede interesar