Orzamentos: a decepción habitual

Anúncianse os orzamentos da Xunta de Galicia para Arousa e chegan as decepcións habituais, que de tan repetidas comezarán ser como da familia. Antes do magosto a decepción dos orzamentos, coma quen canta o veraniño de San Martín ou que polo San Xoan a sardiña molla o pan, aínda que nestes últimos polo menos hai algo que levarse á boca. Os compromisos políticos van con calendario e cartos, o demáis é propaganda.


Non se atopan para esta comarca os centros de saúde de O Grove ou de Vilagarcía, nin a reforma do pavillón de Fontecarmoa, nin as melloras para os Pasales, nin as necesidades da praza de abastos de Cambados, nin apoio ao parque natural do Carreirón...nada. A pesares disto, vostede terá visto que moitos cargos autonómicos fan desembarcos en masa para facer moitas fotos e anuncios a bombo e prato. Como se combinan ambas cousas? Pois facendo o truco de meter grandes cantidades para cousas xenéricas e logo maniobrando con ellas según intereses. Isto impide fiscalizar os compromisos, comprobar os niveis de execución ou saber cómo vai a evolución dun gasto. En resumen: afastar a luz daquelo que non queres que ninguén mire como fas. Por que? Para vostede queda sacar as conclusións. Pero non neguemos toda a realidade. Algunhas concrecións si que existen. Por exemplo que os concellos máis beneficiados de todo o norte da provincia son Vilanova, Cesures, A Estrada e Lalín (onde os 8 millóns de euros do seu futuro centro de saúde si que aparecen no orzamento). Casualmente son os gobernos municipais do PP nesta zona do país. Mera coincidencia, que diría aquel.


Así que nestas estamos, observando como os cartos públicos son distribuídos dende a sede do partido e non dende os criterios do goberno. Polo menos haberá que recoñecerlle a esta manera de facer política a puntualidade británica coa que chega a decepción. Algo é algo.

Orzamentos: a decepción habitual

Te puede interesar