Catoira vive unha tarde de arrepíos e tradición celta do Samaín da man da súa Procesión das Caveiras

Catoira viveu unha tarde arrepiante coa celebración da tradicional procesión das Caveiras | mónica ferreirós

En Catoira consérvase unha desas tradicións recuperadas hai cousa de dúas décadas e que beben da tradición celta do Samaín. Tras o parón do ano pasado motivado pola pandemia do coronavirus os veciños deste municipio arousán -os máis cativos e tamén os maiores- volveron a botarse á rúa para participar na vistosa Procesión das Caveiras. A saída, como marca xa a tradición de edicións anteriores, foi dende o pavillón municipal e a comitiva estivo acompañada polos acordes da Banda de Música da localidade.

Os vecinos do municipio sempre botan man nesta época da imaxinación para decorar as súas cabazas dsa formas máis variopintas. Ademais moitos dos que conformaban a procesión optaron por disfrazarse para darlle un punto máis arrepiante á celebración.

Catoira convértese así nunha desas paradas obrigadas do Samaín galego que, nos últimos anos, se vén celebrando con máis forza non só nesta localidade, senón en toda a Ría de Arousa. Coa salvedade da edición pasada, marcada polo coronavirus, os catoirenses celebran a chegada do novo ano celta e, sobre todo e máis alá do terror da data, a fin da época da colleita. 

Catoira vive unha tarde de arrepíos e tradición celta do Samaín da man da súa Procesión das Caveiras

Te puede interesar