Cabo de Cruz remonta nunha boa fin de semana na Ría de Nervión

Cabo de Cruz remonta nunha boa fin de semana na Ría de Nervión
Cabo de Cruz viaxou a Euskadi esta fin de semana no último posto da xeral e regresou décimo | eusko label liga

Boa fin de semana para o CR Cabo de Cruz na Eusko Label Liga. Os boirenses foron sétimos o sábado en Sestao e novenos onte en Santurtzi, ademáis o Xuíz de Competición estimou as súas alegacións presentadas polo ocurrido na regata da pasada semana en Orio, anulando a descalificación de Cabo e manténdolle o tempo de 20:54.48, polo que pasa a ser oitavo nesa regata. O equipo de Gustavo Vázquez viaxou á Ría de Nervión como último clasificado da ACT e regresa décimo con 28 puntos, dous máis que Ares e Ondarroa, e tan só un por debaixo de Lekittarra, que é noveno.


A recuperación de Cabo é un feito, pero a sorte todavía non está do seu lado nesta primeira parte do calendario. Onte acabou noveno a só 14 centésimas de Ondarroa. Nun campo máis que peculiar e remando na segunda quenda na boia tres, con Kaiku ao seu carón meténdose no seu carreiro no primeiro longo, máis curto do habitual, e no prolongado último. As condicións da marea e das correntes nun campo sen ola fixeron das estratexias un elemento fundamental da regata. Na primeira quenda Ares marcou o mellor tempo (20:20.22), que non puido superar ningunha das catro tripulacións da segunda, na que gañou Kaiku por diante de Cabo de Cruz (20:24.66). Na quenda das mellores venceu Hondarribia con autoridade (20:01.61), seguida por Urdaibai (20:08.67), Donostiarra (20:13.85) e por Orio (20:14.69). As catro superaron o tempo de Ares, que foi quinto, mentras que Cabo acabou noveno.


O equipo boirense comeza a remontar na clasificación xeral, onde a igualdade na zona media baixa é moita. Hoxe os boirenses afrontarán o Campionato Galego en Meira (Moaña), aínda que Gustavo Vázquez podería dar descanso a varios remeiros e tirar dos que están disputando á Liga Galega A. Os boirenses viaxarán a vindeira fin de semana a Gexto e Lekeitio dispostos a dar continuidade as boas sensacións que mostraron o sábado e onte na ría de Nervión. Xa conseguiron o máis complicado, que era reaccionar e escalar na clasificación. Agora esperan que a sorte cambie e poidan loitar por meterse na segunda quenda e non pasar apuros clasificatorios unha nova temporada en ACT.


Na Liga Galega A , Bueu gañou onte na casa por diante de Samertolameu, mentres que Cabo foi quinto, Mecos sexto, Puebla séptimo e Rianxo oitavo. Hoxe en Meira os arousáns reman no Autonómico.

Cabo de Cruz remonta nunha boa fin de semana na Ría de Nervión

Te puede interesar