A escudería Congostra Team organiza o VII Rallye de Pontevedra en Sanxenxo

A escudería Congostra Team organiza o VII Rallye de Pontevedra en Sanxenxo
A proba terá catro tramos con dobre pasada en Cotobade, Moraña, Sanxenxo- Meaño e Barro | fga

A Escudería Congostra Team Sanxenxo organiza hoxe e mañá a sétima edición do Rallye de Pontevedra, quinta proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi e que está considerada como a mellor valorada na tempada 2025. A cita alcanzou o límite de 140 equipos inscritos, con máis de 15 equipos na coma suplentes, o que confirma o excelente estado de forma do certame autonómico. 


A cerimonia de saída comezará hoxe ás 20 horas na Praza do Mar, onde se instalará o parque pechado, mentras que o de asistencia estará nas inmediacións do campo de fútbol de Baltar. Ás 15:30 horas terá lugar unha fotografía de familia dos equipos participantes na Clio Trophy Galicia e a Sandero Eco Cup Galicia. Pola mañá levaranse a cabo as verificacións técnicas na Casa da Cultura de Adina.


Para o sábado, un única xornada de competición, con 4 tramos cronometrados a dobre pasada distribuidos por diferentes comarcas. Dará comezo ás 08:25 horas en Cerdedo – Cotobade. A continuación a proba chegará a Moraña, nun tramo que finalizará moi preto do centro da localidade. Pola tarde, terá lugar un tramo denonimado “Sanxenxo – Meaño”, que será o máis longo con 16 quilómetros, e a proba termina co tramo de Barro por primeira ves este ano. O primeiro dos participantes chegará novamente á Praza do Mar ás 22:20 horas da noite.


Entre os favoritos, novamente Víctor Senra e Paly Ramos no Hyundai I20N WRC, que serán o rival a batir fronte a Alberto Meira e Avelino Martínez, Dani Berdomás e Brais Mirón ou José Lamela e Unai Conde, que debutarán aos mandos do Toyota Yaris Rally2 do equipo Breogán Motor, entre outros.


Tamén estarán o resto de formatos promocionais do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi, con especial atención a Clio Trophy Galicia e a Challenge R2 Staroil, que por primeira vez se atopan na mesma proba.


Da mesma forma acompañan a estes formatos o Supercampionato R5, as dúas Top Ten Pirelli, o Volante FGA, a Sandero Eco Cup, a Pirelli AMF e o Criterium Recalvi, nunha lista de inscritos chea de calidade.
Haberá premios e trofeos que se entregarán serán aos 6 primeiros da Xeral (piloto e copiloto) e ós primeiros de cada Agrupación (piloto e copiloto), repartindo un montante total de 7.900 euros en premios económicos. 

A escudería Congostra Team organiza o VII Rallye de Pontevedra en Sanxenxo

Te puede interesar