A Pobra patrocina a Lidia Parada con catro mil euros no seu camiño olímpico

A Pobra patrocina a Lidia Parada con catro mil euros no seu camiño olímpico
Lidia Parada firmou o acordo de patrocinio onte no Concello xunto ao alcalde da Pobra | da

O Concello da Pobra do Caramiñal e a lanzadora de xavelina Lidia Parada formalizaron un contrato de patrocinio onde se vincula a imaxe da deportista coa do municipio, ademais de servir como contribución por parte da administración local na súa colleita de éxitos, polo que se aporta 4.000 euros.

No acto da firma do patrocinio que tivo lugar onte estivo presentes a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), que dixo que con este acordo “por extensión se transmitirá unha imaxe inmellorable, moi positiva, do concello da Pobra do Caramiñal.” A edil salientou a traxectoria da atleta, quen conta na actualidade con 10 títulos de campioa de España, 4 récords galegos, 4 récords nacionais e máis de 10 participacións en campionatos internacionais, onde acadou diversos resultados.

O obxectivo de Lidia Parada é participar e acadar un bo posto nos Xogos Olímpicos de París 2024 e mentres tanto continuará ampliando a súa traxectoria coa participación en campionatos nacionais e internacionais, que tamén lle serven de preparación e clasificación para un dos grandes eventos deportivos mundiais. “Poder representar ao concello da Pobra e poder chegar á Olimpíada de París 2024 co seu apoio e dando a súa imaxe faime moi feliz. E, sobre todo, como son adestradora dos peques do club, gustaríame dar ese exemplo”, declarou a deportista pobrense. contenta por continuar a adestrarse na casa. “Non fai falta irse a unha gran cidade nin escapar do teu fogar para conseguir un gran resultado e triunfar”.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), indicou que este patrocinio “é un recoñecemento que o ten gañado con toda xustiza ao longo de todos estes anos”, algo que está avalado polos seus éxitos. O rexedor tamén fixo fincapé no respaldo social co que conta a deportista e indicou que este patrocinio contribuirá a que “o nome da Pobra estea en moitos lugares e vai a dar a coñecer a práctica deportiva no noso municipio”, dixo o rexidor. 

A Pobra patrocina a Lidia Parada con catro mil euros no seu camiño olímpico

Te puede interesar