O polideportivo municipal de Baltar acolle este sábado 17 de maio as finais das Ligas Galegas femininas de fútbol sala.
Baltar, sede das finais femininas. A xornada maratoniana de fútbol sala arrincará ás 10.30 horas coa disputa da gran final da categoría cadete entre o Club Deportivo La Peña AECC e o Enrique Novás Marín Futsal. Ás 12.45 horas será o turno da categoría xuvenil entre o Ribeira FS Lieders e o Viaxes Amarelle. A seguinte final medirá a Housefulness Gadesport O Parrulo e a Saraiba do Mar na categoría benxamín ás 16 horas. Ás 18 horas xogarán os conxuntos alevíns de Fisober e Arealonga Chapela. O evento concluirá pasadas as 21 horas tras a celebración da final na categoría infantil entre Victoria CF e San Narciso, que comeza ás 20 horas.
Na presentación estiveron presentes o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Julio Mougán; o directivo da RFGF Manuel Lores; Marcos Guisasola, concelleiro de Deportes do Concello de Sanenxo Sanxenxo e Deputado Provincial; Luis Rodríguez, coordinador fútbol sala AX Saraiba do Mar; Mar Pintos, directiva AX Saraiba do Mar; e Nayara, xogadora do AX Saraiba do Mar e campioa de España coa Selección Galega sub 10.