“Beef” na comarca ao estilo da Festa da Dorna

“Beef” na comarca ao estilo da Festa da Dorna
Captura do videoclip lanzado polos organizadores da festa

A sesión 53 de Bizarrap, que Shakira dedicou a Piqué serviu de base para que a asociación organizadora da Festa da Dorna realizase o seu propio tema para o que tirar “beef” na comarca da forma máis cómica.


Para elo, a asociación requeriu da participación da “Xaquira do País” e “Bisarrap”, na que non faltou a tradicional rivalidade coa Pobra, a que lle dedicaron gran parte da “tiradeira” musical. O vídeo está dispoñible nas plataformas de Instagram, onde conta xa con máis de dous mil “me gusta”, e en YouTube.


A rivalidade histórica entre ambos municipios non deixou títere con cabeza e, como non podía ser doutra maneira, afectou tamén as celebracións máis típicas e recoñocidas da localidade pobrense, o Nazareno e os San Juerguines, ás que tilda de “fiestas de palanquines”. Quen sabe se veremos algunha réplica pola súa parte.


Ademáis da competencia coa Pobra, o tema tocou moitos outros paus, como á xestión do goberno de Ribeira, chegando a definir ao alcalde coma un “casique”. As obras da estación foron outro dos seus brancos.


Nin Luis Henrique e a súa decisión de non levar a Aspas quedou exento das queixas dos promotores da popular festa do Barbanza que, sempre desde a faceta cómica, deixaron impregnado no tema o carisma e a forte identidade de esta celebración e os xóvenes que compoñen a súa organización.


Unha “tiradeira” que chega a un escaso mes de que den comezo o Entroido, onde este tipo de letras e de denuncias serán as que animen a festa e que aporten o importante factor da ironía e o sarcasmo. 

“Beef” na comarca ao estilo da Festa da Dorna

Te puede interesar