A Dorna sae a flote o día no que unha dorna vai a pique

A Dorna sae a flote o día no que unha dorna vai a pique
As embarcacións feitas a machada cautivaron ao numeroso público que se deu cita na praia de Coroso | Chechu Río

A LXXIV sinjladura da Festa da Dorna chegou ao seu fin coa arriada da pañoleta e a entonación do se himno en Ribeira e o fixo cun balance moi positivo, pois foi unha das máis multitudinarias que se recordan na capital barbancesa, e o máis salientable foi que se saldou sen graves incidentes e o comportamento xeral dos milleiros de dorneiros podería dicirse que foi exemplar e primou a diversión sobre outras consideracións. Nese resultado tivo que ver moito o traballo que estivo facendo durante meses a nova directiva, e a súa mensaxe calou nos peñeiros. Podería dicirse que, despois de dous anos sen poder celebrarse do xeito habitual para seguir facendo dela a festa máis rachada, a Dorna saiu a flote.


Non se podería dicir o mesmo da embarcación coa que a peña Os Santiajiños se presentou á “XXXII Rejata de Embarcasións feitas a machada e propulsión a pan de millo” na praia de Coroso, pois a súa dorna de madeira maciza non tiña flotabilidade e foi a única das 43 participantes que afundiu, aínda que o barco vikingo de Pinto pinto jorjorito, que estaba feito de corcho, tivo problemas de estabilidade e volcou, pero quedou sobre a superficie da auga. A falta de difundirse os resultados desta competición por parte da organización, chamou poderoramente a atención "O Vapor dos pintos", de Os pintos joden quintos, que viña equipado con bocina e un motorciño para mover as rodas e que era unha boa recreación do barco de vapor que cruzaba o río Mississippi a comezos do século XIX. Viuse que na súa elaboración se investiron meses de traballo e eso, xunto co resultado acabado, era digno de valorar polo insobornable xurado. Tamén cautivaron ao público a nave que sumulaba o desembarco de Normandía da peña Tocando fondo e a Torre de Pisa de As navallas de Palmeira.


Tamén se abordaron temas de actualidade durante os últimos tempos nalgunhas embarcación participantes, como foi o caso das peñas Muxo Beti e Parrochas papudas, que competiron coas súas embarcacións que imitaban ao veleiro “Bribón” do Rey Emérito, pero tamén estivo moi logrado o ovo kinder sopresa dos Lobos de mar, así como a reproducción do Partenón e os seus integrantes da peña iban disfrazados de romanos, o festival de Eurovisión ou o test nasal da Covid-19 para os de Ribeira e o test anal para os da Pobra, entre outras. O importante era divertirse e conseguiuse nun areal de Coroso ateigado de xente, e no que a continuación tiveron lugar a XXXII Romería Dorneira, os XXXII Xojos Dorneiros, o Rock and Dorna de Batea con The Rapants e o Campionato Mundial de Chinchimonei. A última hora da tarde arrancou o Top Secret desde a zona do barrio de Bandourrío, que percorreu cunha marea humana as rúas da cidade, e este ano levou por título “O décimo non se toca”, despois de que a Real e Ilustre Cofradía da Dorna quedase sen o número que xogaba habitualmente á Lotaría de Nadal e que desea xeito expresa o seu malestar co corrido e o desexo de que non volva a suceder e poder manter o novo número.


IMG 20220724 150059


IMG 20220724 150946


IMG 20220724 150536


IMG 20220724 150110


IMG 20220724 150105


IMG 20220724 150134


IMG 20220724 150254


IMG 20220724 150510


PSX 20220724 234748



A Dorna sae a flote o día no que unha dorna vai a pique

Te puede interesar