Anulan as ampliacións de capital de Atunlo O Grove e Cambados e os inversores perden os cartos

Anulan as ampliacións de capital de Atunlo O Grove e Cambados e os inversores perden os cartos
Exterior de Atunlo O Grove

O Xulgado do Mercantil Número Tres de Pontevedra, con sede en Vigo, declarou a nulidade e ineficacia das ampliacións de capital levadas a cabo respecto ás entidades de Atunlo O Grove e Atunlo Cambados (agora Frigoríficos Cambados). Desta forma, a xuíz estimou a demanda interposta pola administración concursal ante ditas ampliacións de capital que se realizaron en abril e marzo de 2024, respectivamente, e a perda do dereito dos inversores a reclamar os cartos aportados.


Na sentencia, o xulgado aprecia “mala fe” e considera que estas ampliacións prexudicaron á “masa activa” do concurso, afectando á empresa e aos seus acredores, e beneficiaron “unicamente” a algún dos socios e aos que foron os seus administradores e persoas relacionadas.


“La ejecución de las dos ampliaciones de capital de las mercantiles ha supuesto para la concursada que su participación en el capital social de sus filiales se viera diluida en los términos que se reflejan a continuación, perdiendo su capacidad control y activos esenciales y necesarios para su viabilidad empresarial”, apunta.
Deste xeito, a maxistrada declarou a perda do dereito de repetición do metálico invertido nelas por quenes acudiron ás mesmas e as suscribiron.

 

Liquidación de Atunlo


A empresa Atunlo (Atunes y Lomos S.L.) quedou abocada á liquidación o pasado mes de marzo ao non chegar a un acordo cos acredores para a reestructuración da súa débeda a falta dunhas horas para que concluíse o prazo.


A pesqueira necesitaba polo menos a adhesión do 65% dos acreedores a súa proposta de convenio e quedouse preto desa porcentaxe, segundo confirmaron fontes da negociación.


Sobre a mesa, aos seus cerca de 300 acreedores propúxoselles un plan de pago con unha quita do 70%.
A conserveira declarou o preconcurso de acreedores en novembro de 2023 por insolvencia inminente e en maio de 2024, o concurso voluntario. 

Anulan as ampliacións de capital de Atunlo O Grove e Cambados e os inversores perden os cartos

Te puede interesar