O Día das Letras Galegas de este 2025 está dedicado á poesía popular oral e dende a Biblioteca Municipal de A Illa impulsaron o seu propio homenaxe ás cantareiras, mulleres que transmitiron e conservaron as cantigas do municipio de man dos centros escolares.
Así, o alumnado decorará cunchas de vieiras, que foron (e son) instrumentos musicais que acompañaban os cantos en festas e reunións, axudando a crear lazos sociais e a trasmitir a cultura e que, por outra parte, están tamén presentes en fachadas e nos camiños da vila.
Así, o alumnado deixará a súa pegada en cada unha das cerca de medio millar de cunchas, que decorarán o cardín das Traballadoras da Conserva, con unha cortina de cunchas nas que estarán representados todos os escolares de A Illa. Cabe señalar que a biblioteca municipal impulsa cada ano actividades polas Letras Galegas na que participan estudiantes, pero por primeira vez formarán parte do programa os alumnos do IES Torre-A Illa, Helena Domínguez, que subliñou o acertado desta actividade, que vén a complementar na liña das acción emprendidas este curso para poñer en valor e recuperar a cultura patrimonial e cultural do municipio, especialmente ligada ao medio mariño.
Neste sentido, o alumnado de 4º da ESO inaugurou onte unha mostra exposta no Auditorio municipal na que se recollen un total de 28 cadros realizados coa técnica collage na que se aborda o mundo mariño. Tamén se levaron a cabo durante o curso visitas á Cofradía ou sobre investigación das cantareiras e da tradición oral no municipio, que achegue precisamente ao alumnado á cultura tradicional de A Illa.