Retiran os postes de luz situados no medio da calzada da rúa da Arnosa

Retiran os postes de luz situados no medio da calzada da rúa da Arnosa
Os traballadores durante a retirada dos postes | Cedida

Operarios de Elecnor retiraban este xoves os postes de luz que se atopaban ubicados no medio da calzada da rúa da Arnosa, en Vilalonga, unha demanda que os veciños da parroquia viñan reclamando dende hai moito tempo.


Durante o 2024, na respetiva vía fixéronse traballos de renovación e acondicionamento, quedando pendente a reubicación dos postes, una cuestión que durante moito tempo tanto os locales con o BNG de Sanxenxo solicitaron que se resolvese, xa que supoñían un perigo para a seguridade vial da zona.


De feito, segundo declaracións dos veciños, foron causa de ata tres accidentes, sendo o máis grave o acontecido no mes de setembro de 2024, no que un home tivo que se trasladado ao Hospital de Montecelo de Pontevedra.


Non obstante, segundo explicou no seu momento o portavoz do BNG, Fran Leiro, o Concello afirmaba que a actuación dependía de permisos da empresa eléctrica, aínda que o nacionalista criticaba que non se fixese máis presión por parte do goberno local.


Afortunadamente, o problema xa foi resolto, aportando máis tranquilidade aos veciños de Vilalonga e garantindo a seguridade vial da rúa da Arnosa.
 

Retiran os postes de luz situados no medio da calzada da rúa da Arnosa

Te puede interesar