A notoriedade dunha palabra

Notoriedade é o feito de ser coñecido, atributo que se outorga a algo ou alguén pola súa transcendencia pública. Esta calidade tamén é de aplicación á linguaxe, e dicir ao mundo das palabras. Aspecto, este último, que nos conecta coa obra centenaria do suízo Ferdinand de Saussure, condensada nunha manchea de notas e apuntes escritos ou de parladoiros na súa aula universitaria que, unha vez ordenados con criterio, foron publicados polos seu alumnos baixo o título de “Curso de lingüística xeral”, un texto pioneiro sobre a tratamento científico da lingua, considerada desde o punto de vista da súa organización interna, como un sistema de signos.

Nesta visión semiótica, unha palabra ten dúas caras. A primeira é o significante, o xeito fonético ou imaxe acústica dun determinado vocábulo. A outra, é o significado que vén a representar mentalmente o concepto que se corresponde coa parte do son acústico. Esta última, como resulta lóxico, é dinámica segundo o tempo histórico e as vivencias e coñecementos da persoa que procesa o fenómeno. Por iso, este autor tamén diferencia o efecto dicotómico do estudo da linguaxe ao longo do tempo ou o que corresponde a un determinado tempo histórico, argumentando que é un sistema de valores puros que só está determinado polos acordos existentes nun momento dado. Simplificado nun exemplo aclaratorio: Perante unha partida de xadrez, un espectador pode contemplar o seu desenvolvemento a partir dun determinado tempo ou xogada sen precisar coñecer os movemento anteriores que levaron a esta posición actual.

Velaí o proceso popular de creación de nova linguaxe, posto de manifesto novamente nesta peculiar competición de palabras do ano que, na nosa latitude xeográfica, vén promovendo nos últimos anos o Portal das Palabras, impulsado pola Academia Galega, RAG, en parcería coa Fundación Barrié. A voz máis votada foi “tanxugueiras”, plural dun microtopónimo que dá nome a unha banda de musica tradicional galega evolucionada que está a gozar dun feliz episodio de proxección no ámbito estatal, co empuxe do voto de simpatía de milleiros de fans; varios dos que tamén optaron por avalar esta opción como a palabra do ano. É socioloxía viva, en forma de concepto verbal, dun tempo histórico e dun momento determinado. Radiografía social sintetizada.

Por iso, é comprensíbel que outras palabras finalistas nesta pugna terminolóxica teñan relación coa pandemia do covid-19, unha doenza vírica que vai camiña de converterse en endémica, e daquela xorden estas outras tres: Resilencia, vacinódromo e gromo. A última é a única que xa figura no dicionario académico; as primeiras petan na porta. Indican, no caso do cultismo resilencia, esa capacidade dos seres humanos para se adaptaren positivamente ás situacións adversas; unha virtude útil que o impacto da pandemia fixo que se escoitase moito. Vacinódromo é un dos neoloxismos significantes. Abofé, coada, é solidariedade coas vítimas do volcán canario.


A notoriedade dunha palabra

Te puede interesar