Xosé CAstro Ratón

A gobernación do patrimonio

Resultando ser sinónimo de goberno, un substantivo que tamén expresa un sentido idéntico, alén doutras caso da maneira de estruturarse politicamente un estado ou do microcosmos que se simplifica no conxunto de ministras e ministros que gobernan un país; no significante dáse unha característica que singulariza o potencial da acción compartida, diso que podemos considerar como “gobernanza participativa” algo que vén moi a conto dunha recente publicación editado polo Consello da Cultura Galega, en relación ao mellor xeito de acometer a xestión, a conservación e a difusión do patrimonio cultural galego que tan necesitado está dunha política de coidado máis eficiente.Velaí a “Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro (2019-2021)”, elaborado polo Foro Patrimonio e Sociedade desta sobranceira institución cultural, froito dun ambicioso proxecto que naceu co obxectivo de propor un cambio na xestión do inxente patrimonio do país, unha encomiábel labor na que trinta especialistas de diferentes ámbitos traballaron arreo durante máis dun ano e medio nun proceso único, deseñado expresamente para integrar a todas as persoas que teñen a ver co sector, desde a sociedade civil ata os grupos parlamentarios.

Memoria indeleble

se ao substantivo memoria sumamos o adxectivo indeleble, estamos a construír unha metáfora da resistencia social ao perigo desa técnica que se utiliza na práctica polos poderes reais interesados en crear desmemoria na opinión pública, ou deturpar o relato verídico do que aconteceu realmente, trasladando ao tempo actual aquel proceder o Imperio Romano que coñecemos por “damnatio memoriae”, e dicir condena da memoria, unha práctica pola que se impoñía borrar toda lembranza, fora física ou de recordo oral, a quen consideraban inimigo, trala súa morte.

A fronteira do deserto

Adesertización é a degradación da terra nas zonas áridas ou noutros espazos que preceden este estado de deterioración do medio natural.

Cinto de lume

Memoria gravada a lume na retina das persoas vítimas, dos familiares e veciñanza da xente que perdeu a vida e da cidadanía que contemplou impotente o avance imparábel das chamas.

Paranoia extraterrestre

A súa vez, extraterrestre, como substantivo, indica ser doutro planeta; e como adxectivo, fala do que provén de fóra da Terra.

O taboleiro de xadrez climático

É urxente unha reacción máis contundente e acelerada de freo, á que debe sumarse a concienciación social e unha fundamental educación ecolóxica.

Falar cos aparellos tecnolóxicos

Sexa pura mecánica repetitiva de procesos simples ou teña unha enxeñaría sofisticada con funcións da chamada intelixencia artificial que bebe de algarismos complexos niso que agora constitúe a invasión das máquinas tecnolóxicas de máis grande ou máis pequena dimensión; e dicir, computadoras ou equipos móbiles, e tamén os considerados asistentes persoais e no fogar aos que se dá orde verbal para executar diferentes funcionalidades previstas na programación do trebello en cuestión.Daquela, na véspera da Festa das Letras Galegas, día reivindicativo para conquistar o dereito a vivir no idioma galego que está a perder falantes de xeito alarmante, o Goberno galego presentou, con gran difusión pagada en medios de comunicación, o proxecto “Nós: Intelixencia artificial ao servizo da lingua galega” que, alén de ser unha baza pillabán na procura da tallada económica dos fundos europeos NGEU para a recuperación económica, lastrada pola pandemia sanitaria do Covid-19, é unha boa aposta por dotar ao idioma galego de instrumentos e recursos lingüísticos dixitais para facilitar o uso da nosa lingua nunha variedade de dispositivos electrónicos: asistentes de voz, sistemas de recoñecemento da fala e tradutores de alta calidade.