Os recortes de onte son os problemas de hoxe

Faltan médicos no centro de saúde porque non se formaron aos necesarios, hai listas de espera para operarse porque non se retivo con bos contratos aos profesionais, faltan ambulancias para chegar a todos os lugares que non teñen un hospital ao lado da casa. Non hai psicólogos suficientes como precisamos. Non temos suficientes profesionais para facer avaliacións de incapacidades, ou para tramitar máis áxilmente as solicitudes de dependencia. A xustiza vai tan lenta que non é tan xusta. Non temos tantos docentes como quixeramos e, aínda por riba, fáltanos persoal de apoio nos centros educativos. Poderíamos seguir, pero tampouco se trata de desanimar tanto ao personal que arrinquemos o día cabreados.


Por que nos pasa todo esto? Seguro que haberá varias explicacións, pero non teñan dúbida de que a principal estivo naquel mantra que algúns repetían sobre a austeridade necesaria debido a que, decían, “vivimos por riba das nosas posibilidades”. E onde recortaron os amantes de reducir o gasto? Pois en todo o que acabamos de relatar, nos servizos públicos, nos que igualan e dan oportunidades a quen máis necesita. A este afán recortador se lle acompañaba dun desprezo aos traballadores públicos porque, seica, tiñamos demasiado e a crisis era culpa deso tamén. España, que ten menos do 20% de traballadores públicos respecto do total de emprego, e que está nesa estatística notoriamente por debaixo dos países nórdicos, algo por debaixo de Reino Unido, algo por riba de Italia e equilibrado con Estados Unidos, tivo unha crise da que sairon peor os que máis tiñan, coma sempre. Hoxe sufren os que máis o necesitan, coma sempre.


Así que cando teñan que esperar 10 días polo médico ou non lles respondan a tempo por unha axuda pública pídolles que lembren aos que facían competicións de a ver quen recortaba máis. En Galicia presumíase diso, incluso. Éramos os campeóns da austeridade. O truco está en que era austeridade para algúns, e que recortaron na sanidade pública os que usan a privada, recortaron en transporte público os que levan toda a vida subidos ao coche oficial e recortaron en servicios sociais os que terminan por dicir que a xente se aproveitan deles. Que pena que non se recortara en cinismo, que sobra.

Os recortes de onte son os problemas de hoxe

Te puede interesar