Os Bombeiros están queimados: "As medidas de presión van ser duras"

Os Bombeiros están queimados: "As medidas de presión van ser duras"
Os Bombeiros compareceron en Vilagarcía I GONZALO SALGADO

Bombeiros de toda Galicia compareceron hoxe en Vilagarcía, nun parque que xa pechou ata nunha ducia de ocasións desde que en marzo comezou a folga, para advertir de que "as medidas de presión van ser duras". Os efectivos levan más de ano e medio á espera de que os diferentes consorcios cumplan cunha sentencia que obriga a facer fixo ao personal público. En Lugo, estiveron a punto de logralo: Onte había un Pleno convocado con este punto na orde do día, pero a ausencia da Xunta impediu calquera acordo.

 

No que atañe á comarca do Salnés, no Consorcio de Pontevedra a Mesa de Negociación está parada. "Levamos meses esperando a que nos convoquen. Ata en dúas ocasións tratamos de que o fixeran", explica Ángel Moldes, delegado dos Bombeiros no organismo, consciente de que o cambio de goberno na Deputación retrasará todavía máis o proceso.

 

En todo caso, o partido que entra no goberno provincial, o PP, o mesmo que está na Xunta, que comparte no cincuenta por cento a administración do Consorcio, é plenamente consciente do conflito e de como comezou todo. Moldes remóntase a 2007, para cando se comprometeu o convenio para o colectivo. "Levamos quince anos de retraso", asegura o delegado sindical, que incide en que o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, dixo que se faría cando todos os consorcios estivesen en xestión directa.

 

A aplicación da sentencia, que senta xurisprudencia, é tamén motivo, según os traballadores, para unha "chantaxe" que consiste, explicou Alberto Castro, delegado de CCOO en Vilagarcía, en poñer sobre a mesa "unha RPT e un convenio á baixa".

 

Sobre todo tendo en conta, din desde o colectivo, que as condicións xa son malas e que o cumprimento dunha sentencia nin sequera debería ser motivo de discusión. "Levamos vinte anos facendo horas extraordinarias para cubrir o servizo con tres míseros bombeiros", explica Castro que advirte: "Non pode volver a pasar". Mentras as negociacións non avanzan, moitos xa recurriron á denuncia, que ten que ser individual.

 

As cifras están sobre a mesa: Fronte ás 1.642 horas de traballo do persoal público en Galicia, os Bombeiros fan 1.800. Son as que están fixadas, pero ao sumarlle as extraordinarias poden superar as dúas mil. Así, un efectivo de Vilagarcía fixo o ano pasado 24 gardas extraordinarias, o que supón 240 horas a maiores.

 

As consecuencias destas "políticas inoperantes dunha e doutra cor", en palabras de Moldes, cunha organización dos planteis que "pesa" sobre "os bombeiros e as súas familias", puideron notarse nestes meses, con peches de parques en diversos puntos de Galicia. En Vilagarcía, xa foron unha ducia de veces e os traballadores non queren que se asuma como normal.

 

Agora, co verán xa asomando, os bombeiros manterán o luns unha asamblea xeral en Santiago. A unidade sindical é total, con representantes de CCOO, CIG, UXT, Sindicato Independiente de Bombeiros, CSIF e USO. A folga autonómica está sobre a mesa. "As medidas de presión van ser duras", advirte Moldes.

Os Bombeiros están queimados: "As medidas de presión van ser duras"

Te puede interesar