Galiza Nova O Salnés reelixe a Tamara Castro como responsable comarcal

A asamblea comarcal de Galiza Nova do Salnés reelixiu por unanimidade a Tamara Castro como responsable da organización a nivel do Salnés. Do mesmo xeito tamén se elixiu a Adrián Alcalde como responsable de organización. Esta elección de cargos prodúcese xusto despois da décimo cuarta Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Compostela. A asemblea do Salnés marcouse como novo obxectivo para este novo período afianzar a organización na comarca, así como a recuperación do traballo en todas as localidades. E é que Galiza Nova pretende consolidarse como a columna vertebral da mocidade no Salnés. De feito escolleuse unha nova dirección comarcal formada por mozos e mozas de diferentes localidades coa idea de ir tecendo relacións e actuacións.
Tanto Tamara Castro como Adrián Alcalde sinalaron que “afrontamos esta nova etapa con moita ilusión, moitas ganas de traballar polos problemas da mocidade no Salnés en temas de estudos, traballo e demais. Tamén coa idea de potenciar o nacional e ao BNG en todas as localidades”.
A maiores na asamblea comarcal sinalaron o ascenso importante da militancia nos últimos tempos no Salnés. “É un gran paso para lograr o obxectivo. galiza Nova está aberto a toda a mocidade que queira sumarse a este proxecto transformador do país”, apuntou Tamara Castro. A asamblea celebrada o sábado contou coa presenza de Elvira Blanco, representante da Comisión Permanente.
Galiza Nova do Salnés está sendo moi activa en problemáticas recentes relacionadas directamente cos máis mozos como poden ser os actos de protesta e as mobilizacións que se levan a cabo en contra da nova lei educativa en donde levan o temón en todos os centros do Salnés.

Galiza Nova O Salnés reelixe a Tamara Castro como responsable comarcal

Te puede interesar