Un pequeno apagón, duns minutos, deixou unha serie de incidencias no municipio. A avaría coincidiu cun incendio nunha arqueta do rexistro eléctrico situada na Avenida de Cambados. Por iso, algunhas das zonas más próximas, como a Avenida das Carolinas, seguen sen luz ás dez e media da noite, mentres que outras, como a Praza de Galicia ou Castelao, xa se recuperaron pronto. O apagón afectou aos supermercados en plena hora punta de compras, antes dunha xornada festiva.