Sobresalto en Río

Nos próximos días vai comezar a rolda dos partidos de fútbol que configuran a Eurocopa, entre as seleccións dos estados continentais, aparte o caso británico que outorga ese dereito ás nacionais inglesa, escocesa, galesa ou da Irlanda do Norte. Moito é o que está en xogo, e non precisamente no plano deportivo dunha competición que perdeu fai tempo o espírito orixinal para se converter nunha máquina de facer diñeiro a esgalla con operacións económicas de cifras astronómicas. No ámbito social é, coa adaptación aos tempos históricos actuais, unha versión do método romano de “panem et circenses” orientando a atención da cidadanía cara ao mundo do espectáculo.
Fantasía programada que ocupará á Francia que vive un momento de resposta popular de fronte ás medidas contrarias ao interese da clase traballadora que está impoñendo o seu goberno. Certo é que, no ámbito previo dun operativo de seguridade obsesivo, a necesidade de calmar ao movemento obreiro tamén é unha oportunidade, para este, de acadar certa vitoria,  aínda que limitada, no freo ao peor escenario das medidas de reforma laboral.  Bendito deporte profesional.
Neste ano bisesto a ocupación do espectáculo deportivo abranguerá intensamente todo o período estival. Á competición do fútbol europeo seguirán os Xogos Olímpicos. Aínda mediará unhas semanas co ciclismo tradicional na rota gala que ocupa o mes de Xullo. Verán completo. Para evadirse da realidade dos problemas, fútbol, ciclismo e olimpíadas. Paquete completo. Con todo, a cita de Río de Janeiro ten o seu aquel de problemática que anda a quebrar a cabeza no só dos organizadores, ese peculiar Comité Olímpico Internacional, se non das autoridades sanitarias, federacións e deportistas de elite, empresas que financian o evento e gobernos do planeta.
Brasil, o país que acollerá na súa máis emblemática cidade a cita deportiva e de promoción de imaxe, vive nun estado de presión máxima. Unha bomba de xoiaría a piques de estoupar, sen saber moi ben por onde vai liberar a forza que está acumulando. Semella que suma todos os males potencialmente coincidentes. Os bichiños do virus Zika, do dengue, as temibles febres “chikungunha” e a situación de crise política coa lóxica resposta social que trae inestabilidade, inseguridade e riscos imprevisíbeis, incluída a violencia, que están a provocar na mesma comunidade deportiva reaccións pedindo o aprazamento da cimeira olímpica. Permítase unha brincadeira: Estamos diante dunha nova marca, a do “sobresalto olímpico”. Agardar para ver.Nos próximos días vai comezar a rolda dos partidos de fútbol que configuran a Eurocopa, entre as seleccións dos estados continentais, aparte o caso británico que outorga ese dereito ás nacionais inglesa, escocesa, galesa ou da Irlanda do Norte. Moito é o que está en xogo, e non precisamente no plano deportivo dunha competición que perdeu fai tempo o espírito orixinal para se converter nunha máquina de facer diñeiro a esgalla con operacións económicas de cifras astronómicas. No ámbito social é, coa adaptación aos tempos históricos actuais, unha versión do método romano de “panem et circenses” orientando a atención da cidadanía cara ao mundo do espectáculo.
Fantasía programada que ocupará á Francia que vive un momento de resposta popular de fronte ás medidas contrarias ao interese da clase traballadora que está impoñendo o seu goberno. Certo é que, no ámbito previo dun operativo de seguridade obsesivo, a necesidade de calmar ao movemento obreiro tamén é unha oportunidade, para este, de acadar certa vitoria,  aínda que limitada, no freo ao peor escenario das medidas de reforma laboral.  Bendito deporte profesional.
Neste ano bisesto a ocupación do espectáculo deportivo abranguerá intensamente todo o período estival. Á competición do fútbol europeo seguirán os Xogos Olímpicos. Aínda mediará unhas semanas co ciclismo tradicional na rota gala que ocupa o mes de Xullo. Verán completo. Para evadirse da realidade dos problemas, fútbol, ciclismo e olimpíadas. Paquete completo. Con todo, a cita de Río de Janeiro ten o seu aquel de problemática que anda a quebrar a cabeza no só dos organizadores, ese peculiar Comité Olímpico Internacional, se non das autoridades sanitarias, federacións e deportistas de elite, empresas que financian o evento e gobernos do planeta.
Brasil, o país que acollerá na súa máis emblemática cidade a cita deportiva e de promoción de imaxe, vive nun estado de presión máxima. Unha bomba de xoiaría a piques de estoupar, sen saber moi ben por onde vai liberar a forza que está acumulando. Semella que suma todos os males potencialmente coincidentes. Os bichiños do virus Zika, do dengue, as temibles febres “chikungunha” e a situación de crise política coa lóxica resposta social que trae inestabilidade, inseguridade e riscos imprevisíbeis, incluída a violencia, que están a provocar na mesma comunidade deportiva reaccións pedindo o aprazamento da cimeira olímpica. Permítase unha brincadeira: Estamos diante dunha nova marca, a do “sobresalto olímpico”. Agardar para ver.

Sobresalto en Río

Te puede interesar