As taxas e impostos, iso que durante semanas uns e outros enchémonos a boca durante a campaña electoral, apostando por baixalos, claro que ninguén concretou como, salvo humildemente algún. E agora pasa o que pasa, realízanse pequenos “maquillaxes” do sistema impositivo local, que seguen sen resolver as grandes inxustizas que o Sistema ten. Pois non se adaptan as diferentes realidades económicas dos veciños e veciñas, ni tampouco están deseñadas para dar respostas eficaces aos pequenos negocios, son moitas as eivas e inxustizas deste sistema.
E cando dicimos inxustizas, referímonos a vivendas que pagan en función do seu valor catastral, sen ter en conta o tipo e calidade dos servizos que o concello presta no lugar no que se atopan, ou como pequenos negocios, que apenas producen residuos ca súa actividade están a pagar o mesmo, en proporción, a empresas que todos os días enchen dous ou tres contenedores, ou situacións como exixir o pago dos impostos as familias que contan como único ingreso o RISGA ou a Axuda Familiar, ou con salarios que apenas teñen incremento sobre o que se percibe estando no paro, iso con sorte, e por outra banda non ter a mesma contundencia con grandes Empresas como Bancos ou construtoras que deben varios millóns de Euros entre todos eles.
Por certo fago un paréntese para engadir, que os mesmos bancos que deben cartos ao Concello, son algúns dos que logo cobran intereses por deixarnos uns cartos, que en parte xa tiñan que ser do Concello, que Chollazo!, non lles parece?, aquí si vale aquilo de “Mexan por nos e dicimos que chove”. E como non, tratase tamén de establecer as taxas de accesos a instalación deportivas, cultura, e formación cultural e musical Municipal, de maneira que se fixen criterios e posibilidades para as persoas e familias que non teñen ingresos ou son moi escasos.
Non por nada levamos no seu día a Moción do Pleno o acceso de todos e todas, sen discriminación, a un bono cultura-ocio, que se aprobou por maioría, e ata o de agora, que saibamos, o Goberno Local non fixo nada por poñelo en marcha.
Todo isto debe completarse con una aposta polo consumo responsable dos recursos, e Municipalmente falamos da auga, que a mais de existir una boa xestión da infraestrutura, potabilización, e depuración, deben establecerse, cales son os consumos medios e razoables por persoa, para así establecer o mínimo “per capita”, e non castigar aos domicilios que están habitados por familias numerosas en relación os de una ou dúas persoas, as que se lles aplica o mesmo mínimo, e que resulta insuficiente cando hai moitos na casa.
Por elo, debemos apostar por reformular uns novos impostos, onde prime o reparto xusto e solidario e non o afán recaudatorio, onde estes se adapten a realidade económica das persoas, e das familias, e onde se establezan criterios de exención para os que non poden afrontar os elevados custes dos impostos, e que en ningún caso se converta nunha débeda que lastre o futuro dunha Familia.
E por suposto tamén deducións a aqueles que pola súa boa situación económica poidan adiantar o abono deses pagos, aforrándonos así en boa parte a necesidade de acudir a financiamento externo e poder aforrar o correspondente aos intereses do prestado. En definitiva, xa que dende os diferentes gobernos estatais, privaron as familias e as persoas dos seus ingresos, obligandoas a renunciar a moitas cousas algunha de elas básicas como calefacción, e incluso poder ter para comer, tratase de adaptarnos, de facilitar as familias a súa existencia. Non esquezamos que Vilagarcía, e o Concello máis caro do seu entorno, onde se paga por exemplo o imposto de circulación de vehículos mais caro que en Santiago de Compostela.
Tratase por tanto, se fose necesario, de facer máis con menos, e si no goberno local non saben como aforrar, nos sabemos onde poder aforrar como mínimo, e xa de entrada, 35000 € ao ano, sen que decaia ningún servizo dos prestados, que ían vir ben se os trasladamos en aforro de impostos aos que non poden pagar como o facían antes, e non por culpa deles precisamente. Porque neste Concello, en determinado momento, decidiuse “forzar” ás Familias a pagar máis para compensar a caída de ingresos que motivou o freado en seco da construción, pero debía impoñerse unha adaptación dos gastos, pois se non ao mellor resulta que este Concello tivo, e ten, responsábeis que xestionan a Política Municipal “por riba das súas posibilidades”.
*Voceiro do grupo Municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía.