A fábrica de Rons

fábrica de Rons, ata agora Thenaisie Provoté, é un pulmón empresarial e social para O Grove. Tanto que conversar coas súas traballadoras é facer un repaso polas costumes e hábitos de hai moitos anos cara aquí, notoriamente o acento femenino das plantillas das conserveiras e tamén as condicións laborais. Unha firma estranxeira, con nulo interese na terra e no sector, especulou e xogueteou con esta fábrica ata desarmala case por completo. A historia repetida da nosa costa nesta ría, onde non hai tanto tempo que se podía percorrer de porta en porta das conserveiras e fábricas conectadas co mar. 


Mala axuda recibiron as traballadoras por parte dunha Xunta que deu tumbos dun lado para outro. É incomprensible que quen ten unha institución enteira adicada a protexer e apoiar ás empresas, como o IGAPE, adicárase a decir moito pero a facer pouco e que traballara pretendendo agochar un segredo a voces como axente comercial para algunha empresa que tampouco foi unha solución. Todas as esperanzas ata o de agora foron truncadas e torpedeadas, pero concrecións non termina por haber ningunha.


Así esmorecen os pobos, cando hai quen mira máis ao mercado de números nun excel que aos rostros das persoas que ven perigar o seu sustento. E nesa defensa hai que tomar partido, porque os acordos deben ser comúns pero a orixe de cada actor debe ser lembrada. Erra o tiro quen pretenda sentirse propietario da pureza e pretenda dar codazos aos lados en vez de mirar de frente aos que están deixando morrer de verdade a fábrica de Rons, que son os especuladores e os que o permiten. Fronte a iso estaremos os que cremos que é necesario ser consciente do mundo no que vivimos pero non aceptamos, e non queremos aceptar, que haxa gobernos querendo facer partidismo con Alcoa ou As Pontes pero agóchense cando tiñan que aceptar as súas responsabilidades.


Hai máis dun centenar de familias pendentes dun fío. Tiveron ao seu pobo do seu lado, co seu alcalde á fronte. Destapamos a parálise do goberno autonómico, e evidenciamos que manexaban máis información da que contaban. Hai sindicalistas facendo honra do seu traballo. Só falta a Xunta. Porque a fábrica de Rons é máis que unha fábrica e debe ser unha loita común.

A fábrica de Rons

Te puede interesar