O BNG reclama a clausura definitiva do punto de vertedura próximo a Sálvora

A proposta forma parte dunha iniciativa encamiñada á protección das rías
O BNG reclama a clausura definitiva do punto de vertedura próximo a Sálvora
Exixen tamén un estudo sobre o impacto ambiental e económico no ecosistema | BNG

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno do Estado que rexeite a posibilidade de empregar as rías galegas e, en particular, a ría de Arousa como punto de depósito de materiais procedentes dos drados portuarios.
Segundo explica o deputado da formación nacionalista no Congreso, Néstor Rego, a proposta reclama, ademais, a clausura definitiva dun punto de vertedura situado nas proximidades da illa de Sálvora e a realización de estudos ambientais que permitan avaliar o impacto ecolóxico e económico deste tipo de prácticas sobre o ecosistema.


Clausura do punto en Sálvora
Rego denuncia que ‘‘a escolla deste punto de vertedura non se fixo con criterios ambientais nin con participación pública, senón que responde a unha política de feitos consumados que ignora tanto a riqueza natural da zona como os intereses do sector pesqueio e marisqueiro’’ e indica que o Ministerio de Fomento habilitou en 1998 este punto sen realizar a exposición pública e sen informes ambientais accesibles, pese a estar dentro dunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), a menos de dúas millas de Sálvora, que forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, e próximo a caladoiros.
‘‘Falamos de millóns de metros cúbicos de lodos depositados no fondo mariño sen que se coñezan o seu impacto real’’, sinalou o deputado do BNG.
Na iniciativa, advirten tamén sobre a proposta do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX) que, segundo explican, formulan como ‘‘prioritario’’ o mesmo punto de vertedura en Sálvora para os residuos da dragaxe do Lérez, que fora rexeitado en 2021, se ben xa houbo unha postura contraria tres anos atrás, no 2019. 

O BNG reclama a clausura definitiva do punto de vertedura próximo a Sálvora

Te puede interesar