O programa ‘Autoestimarte’ busca o amor propio a través da creatividade

O programa ‘Autoestimarte’ busca o amor propio a través da creatividade
O programa desenvolverase en dúas sesións de dúas horas e media | Cedida

A área de Igualdade do Concello de A Pobra pon en marcha o programa ‘Autoestimarte’, unha proposta destinada a mulleres que busca promover a autoestima, o fortalecemento persoal e o autocoñecemento mediante a creatividade e a expresión artística.


O programa desenvolverase en dúas sesións de dúas horas e media cada unha no Centro Sociocomunitario da Pobra. A primeira terá lugar o mércores 4 de xuño baixo o título ‘Identificarte’ e centrarase na exploración e reinterpretación da imaxe persoal, indo máis aló dos estándares e favorecendo unha conexión coa identidade.


A segunda sesión será o mércores 11 de xuño e levará por nome ‘Expresarte’, ofrecendo un espazo para a libre expresión a través da arte. 

O programa ‘Autoestimarte’ busca o amor propio a través da creatividade

Te puede interesar