Revenidas publica os horarios dos seus concertos: consulta aquí cando actúa o teu artista favorito

Lendakaris Muertos, un dos cabeza de cartel deste ano, actuará o sábado pola mañá
Revenidas publica os horarios dos seus concertos: consulta aquí cando actúa o teu artista favorito
Un concerto anterior no festival Revenidas | G.S.

O Festival Revenidas acaba de dar a coñecer os horarios dos concertos da edición deste ano. A cita musical e cultural celébrase os días 11, 12, 13 e 14 de setembro en Vilaxoán e trae ata a Ría de Arousa máis de 30 actuacións en directo e espectáculos de DJ. A organización programa para o sábado pola mañá - a partir das doce e media- o concerto máis esperado da edición deste ano, o de Lendakaris Muertos. A emblemática banda de punk-rock subirá ao escenario no que será o seu derradeiro concerto en Galicia antes do seu anunciado "parón indefinido".

 

En todo caso os concertos xa comezan o xoves 11 cos seguintes horarios:

 

17.50: A Duendeneta
18.20: Hugo Guezeta (Escenario Galicia)
19.20: Dick Move (Escenario Galicia)
20.20: The Rapants (Escenario Galicia)
21.35: The Baboon Show (Escenario Galicia)
22.45: A Duendeneta
23:15: Dubioza Kolketiv (Escenario Galicia)
00.40: Sanguijuelas del Guadiana (Escenario Galicia)
01.50: Buhos (Escenario Galicia)
03.00: Galician Army (Escenario Galicia)

 

O venres 12 a programación é:

 

16.30: A Duendeneta
16.50: Seitura (Escenario Galicia)
17.45: J Martina (Escenario Galicia)
18.50: Sés (Escenario Galicia)
20.00: Les Testarudes (Escenario Galicia)
21.00: A Duendeneta
21.30: Fermin Muguruza (Escenario Galicia)
23.40: Sons of Aguitte & Scila (Escenario Galicia)
00.40: Baiuca (Escenario Galicia)
01.55: Svetlana (Escenario Galicia)
02.55: Talco (Escenario Galicia)

 

O sábado 13 a música xa comezará pola mañá e seguirá todo o día:

 

11.00: A Duendeneta
11.30: Filloas (Escenario Galicia)
12.30: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)
13.45: A Duendeneta
14.15: Monoulious Dop (Escenario Galicia)
15.20: Mondra (Escenario Galicia)
16.35: F.R.A.C. (Escenario Galicia)
17.30: Dakidarrí (Escenario Galicia)
19.00: Bewis de la Rosa (Escenario Galicia)
20.05: Heredeiros da Crus (Escenario Galicia)
21.20: A Duendeneta
21.50: Onza (Escenario Galicia)
23.00: Riot Propaganda (Escenario Galicia)
00.30: La Élite (Escenario Galicia)
01.40: La Fúmiga (Escenario Galicia)
03.00 Omiri (Escenario Galicia)
Fin de Festa: Yaya Dj (Escenario Galicia)

 

O domingo 14, e como é habitual, o Revenidas abre as súas portas ao público xeral coa súa gran sardiñada popular. Toda a xornada contará con animación musical a cargo de Os Terribles de Arousa, Mekánika Rolling Band e Terrae. Ademais será o circo solidario e están previstas varias actividades infantís.

 

As entradas

A venta das entradas está habilitada na web do festival (www.revenidas.com). Os abonos teñen un custo de 69 euros máis gastos de xestión. A entrada do xoves e do venres é de 35 euros e a do sábado de 40. A partir do 1 de setembro modificaranse os prezos. As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 15 euros no Rial e 10 euros na Pelada, ambas con servizo circular de bus gratuíto.
 

 


 

 

 


 

 

Revenidas publica os horarios dos seus concertos: consulta aquí cando actúa o teu artista favorito

Te puede interesar